Contas compartidas
Esta sección explica como funcionan as caixas de correo compartidas ou "personas" como presidencia@gpul.org, info@gpul.org, etc.
Funcionamento dos alias compartidos
Os alias compartidos están pensados principalmente para recibir correo electrónico.
Exemplo: presidencia@gpul.org
Actualmente, o alias presidencia@gpul.org está configurado como:
- Un alias que reenvía a
presidencia-archive@gpul.org
(para arquivo) - Un alias que reenvía ao enderezo persoal do presidente actual:
nome.apelido@gpul.org
Desta forma, mantemos unha copia de todos os correos recibidos neste enderezo.
Nomes neutros de xénero
En lugar de usar presidente@ ou presidenta@, intentamos manter nomes neutros de xénero como presidencia@. Para evitar erros, tamén se configuran redireccións desde presidente@ e presidenta@ cara presidencia@.
Protocolo para correos enviados
A posibilidade de enviar correo desde os alias que estamos configurados para recibir está configurada, aparecendo automaticamente no webmail. Pode requirir algúns axustes específicos dependendo do teu cliente de correo. Non obstante, esta é unha posibilidade desaconsellada.
Para correos enviados, esperase que respondas co teu enderezo de correo persoal mentres mantés en CC o alias correspondente (presidencia@ ou calquera outro alias), de forma que:
- Outros usuarios estean ao tanto da conversación
- As mensaxes tamén queden arquivadas
- Se manteña a trazabilidade das comunicacións
Outros alias compartidos
Este mesmo funcionamento aplícase a outros alias como:
- info@gpul.org
- secretaria@gpul.org
- tesouraria@gpul.org
- E outros alias organizacionais
Cada un ten o seu correspondente enderezo de arquivo e reenvía ao responsable actual do rol.