Organizando os GPUL Schools
Os GPUL Schools son os eventos máis frecuentes de GPUL. Realizánse varias veces ao mes, polo que a eficiencia é esencial á hora de preparalos. Nesta sección tratamos de estandarizar todos os procesos á hora de organizar este tipo de charlas, co obxectivo de simplificalo o máximo posible, facilitando que se poidan realizar coa máxima frecuencia posible.
Á hora de preparar un GPUL Schools, hai 5 partes principais:
1. Comunicación co relator
O primeiro paso é decidir a temática da charla e quen a fará. Esto pode ocorrer de moitas maneiras.
Unha veces establecido isto, o seguinte e fixar unha data para a charla e pedir a información para poder formalizala e publicala. A información necesaria adoita ser:
- Título da charla
- Subtítulo (resumo breve)
- Descrición longa para redes sociais e a web
- Data e hora
- Duración aproximada
- Permiso para realizar e publicar a gravación (se está cómodo con gravala, non é obligatorio)
Unha vez fixados os detalles, pódese seguir cos puntos 2 e 3 en paralelo mentres que se manteñe a comunicación co relator en caso de cambios.
2. Comunicación coa facultade
A comunicación coa facultade é esencial, tanto para a reserva do espacio como para a comunicación polas redes sociais da facultade.
Vicedecanado de infraestruturas: Reserva do aula
É importante reservar o aula con antelación, deixando marxe de tempo antes e depois da charla na reserva.
O tempo de preparación dependerá se se vai grabar ou non. Despois da charla adoitamos deixar bastante marxe por se se alarga a charla e para falar despois da charla.
Vicedecanato de recursos informáticos: Publicación redes sociais
O vicedecanato de recursos informáticos xestiona as redes sociais da facultade, polo que é importante comunicarlle: - Información da charla co poster para publicar en redes sociais e por telegram - Vídeo o imaxe para poñer nas pantallas da facultade
Poden consultarse os correos de contacto dos vicedecanatos na web da FIC
3. Publicidade da charla
A charla publicítase por redes sociais, con carteis na facultade e polas redes sociais da facultade.
- Carteis das charlas para a facultade (de 7 a 10 carteis), a colocar en:
- Descansos das escaleiras principais
- Ascensor principal das plantas 0 e 1
- Pasillos das plantas 3 e 4 (á dereita ao subir)
- Diante do despacho de GPUL
- Banner simplificado, para compartir por internet
4. O día da charla
O día da charla o único traballo é preparar a aula. Á hora reservada pódese pedir en conserxería que abran a aula para GPUL e colocar o rollup na porta.
En caso de ter que preparar o material audiovisual consulta a sección axeitada e comproba a estimación de tempo que che levara montalo.
5. Después de la charla
Despois da charla só é necesario comprobar que a aula queda recollida e recoller os carteis que se pegaron. Se se gravou, é o momento de publicar o vídeo